UN MANIFESTO A FAVOR DA DEMOCRATIZACIÓN DE EUROPA

UN MANIFESTO A FAVOR DA DEMOCRATIZACIÓN DE EUROPA

Europa será democratizada, cando a súa oligarquía sexa derrocada!

Hai unha única perspectiva que aterroriza aos poderes de Europa en relación a todas as súas inquedanzas sobre inflación, cambio climático, seguridade, e terrorismo: a democracia!. Falan en nome da democracia só para negala e suprimila. Tentan apropiarse da democracia, fuxir dela, corrompela, usurpala, e manipulala para recortar o seu ímpeto e posibilidades.

Porque as leis feitas polo pobo europeo, o goberno da cidadanía, é o pesadelo compartido:

  • Polas grandes empresas tecnolóxicas e farmacéuticas, os banqueiros sempre rescatados, os xestores de fondos, os aseguradores, o complexo de seguridade, o exército, para resumir, a renacente rede de consorcios sempre despectivos cara á maioría e a súa expresión organizada.
  • Polo seu exército de burócratas non elixidos, “tecnócratas” e lobistas, manipulando aos gobernos en xeral e ás institucións da UE en particular.
  • Polos partidos políticos que reivindican o liberalismo, a democracia, a liberdade, a protección do medio ambiente, a xustiza social… só para traizoar aos seus principios fundamentais unha vez no poder.
  • Polos gobernos que polas súas políticas de “socialismo para os financeiros” e “austeridade absoluta para o resto” alimentan o populismo nacional ao que pretenden opoñerse audazmente.
  • Polas empresas que usan termos como «sustentabilidade» e «cero emisións» para continuar cos seus negocios coma se nada estivese a pasar, usando o “greenwashing” para xustificar o seu vandalismo a nivel planetario.
  • Polos magnates dos medios de comunicación que normalizaron a desinformación e converteron a propagación do medo nunha arma.

A definición dun altamente politizado proceso opaco de decisión, presentado como “apolítico”, “técnico”, “procesual”, “neutral” e “democrático”, é fundamentalmente a causa da actual resurxencia de autoritarimos, xa sexan liberal ou populista. De feito o seu verdadeiro propósito é impedir aos residentes en Europa o control das súas comunidades, lugares de traballo, medio ambiente, diñeiro, tecnoloxías, o seu impacto sobre o resto do mundo. O seu único obxectivo encuberto, único motivo, e único rumbo, consiste na pura e dura explotación das persoas, dos animais, e do noso planeta.

As consecuencias deste engano non só consisten en acabar coa democracia, senón tamén levarnos ao declive económico permanente, o enfraquecemento da sociedade, o retroceso tecnolóxico, a xenofobia e a destrución do clima; unha aterrecedora derrota da civilización europea.
Ten que haber outro rumbo. E haino! É o da revolución democrática, á que se resiste a “Europa oficial”.

O noso movemento, DiEM25, foi creado en Berlín o 9 de febreiro 2016 para poñer en marcha este tipo de revolución. Viñemos de toda Europa, e do resto do mundo. Únennos diferentes culturas, linguas, acentos, afiliacións a partidos políticos, ideoloxías, cores de pel, identidades de xénero, crenzas, capacidades e concepcións do que debería ser a sociedade. A única e radical idea que nos reuniu converteuse no fundamento de DiEM25: Ou democratizamos Europa ou se desintegrará!

A partir deste intre, os éxitos da clase dirixente ao impedir a democratización de Europa confirmaron as nosas profecías: o Brexit, a recentemente división Este-Oeste mentres o abismo Norte-Sur profundábase, o trato inhumano aos refuxiados, o abandono que padece a mocidade e a xente anciá, a supresión polo patriarcado dos dereitos das mulleres e do colectivo LGTBIQA á autodeterminación e á liberdade, o greenwashing das prácticas da industria dos combustibles fósis, este é o legado da derrota da democracia pan-europea.

A palabra democracia significa que as leis son redactadas pola maioría, que consiste, por definición, nos máis pobres. O seu contrario é a oligarquía, o que significa a “lei dos privilexiados”, por definición, os ricos. Dinnos aos europeos e europeas que vivimos en democracias, non como os que viven máis ao leste, baixo as garras da oligarquía eslava.

É mentira. O imperio das leis, por sorte, exércese máis en Europa, pero de feito, os europeos viven baixo o goberno dunha rigorosa oligarquía que convoca eleccións de cando en vez e cuxos resultados se ignoran no caso de que vaian en contra dos intereses destes mesmos oligarcas europeos.

Ás sombras desta herdanza magoante, DiEM25 agora está a actualizar a nosa simple idea radical: Para democratizar Europa, o pobo ten que derrocar ao conxunto da súa oligarquía!

As compañías que usan termos como “sustentabilidade” e “cero emisións” para seguir cos seus negocios coma se non pasase nada, usando o “greenwashing” para xustificar o seu vandalismo a nivel planetario.

Os magnates dos medios de comunicación que normalizaron a desinformación e converteron a propagación do medo nunha arma.

COMO EUROPA CONVERTEUSE NUNHA ZONA SEN DEMOCRACIA

Baixo a batuta dos Estados Unidos, e inducidos polas súas oligarquías nacionais, a Europa Occidental da postguerra rendeuse a un cartel de institucións financeiras e industrias pesadas (que despois absorberon aos donos de explotacións agrícolas), que tiñan ao principio por propósito a fixación dos prezos e a redistribución dos beneficios da oligarquía a través da burocracia establecida en Bruxelas. Este recentemente creado cartel, e os seus administradores en Bruxelas, temían aos cidadáns e desprezaban a idea dun goberno do pobo.

Pacientemente e metodicamente, o proceso de despolitización das decisións foi instituido. O seu resultado? As decisións importantes dos nosos parlamentos foron transferidas a esta zona da Unión Europea sen democracia, onde estas decisións son encubertas por un fatalismo pseudo-tecnocrático permanente. Os políticos foron recompensados xenerosamente pola súa conformidade. Calquera persoa que se opoña a esta despolitización entra na categoría de “non-europeo” e é tratado coma se fose unha ameaza á unidade europea!

A creación do Euro consistiu nun momento histórico: nunca antes, desde que o capitalismo se impuxo, unha oligarquía conseguiu de maneira tan decisiva, desposuír aos gobernos das ferramentas que lles permiten a redistribución dos ingresos e da riqueza de maneira consecuente. A unión monetaria dos oligarcas para os oligarcas, na que ningún estado poida tocar as súas riquezas acumuladas, é o soño de calquera oligarca convertido en realidade. O pesadelo de Margaret Thatcher, que o euro se convertería nunha “federación pola porta de atrás”, foi totalmente equivocada. Por que arriscar a súa inmunidade á democracia permitindo a elección dun goberno federal democrático?

A crise de 2008 desencadeou unha caída libre bancaria para a que o euro oligárquico non fora deseñado. Mentres os banqueiros do mundo enteiro uníanse para obrigar aos gobernos para rescatarlles, os gobernos da Europa continental recibían directivas para que transfiran as perdas dos banqueiros sobre as costas dos máis débiles: socialismo para a mafia bancaria, cruel austeridade para as masas. O resultado? O estoupido masivo das fisuras preexistentes entre o norte e o sur de Europa, entre o leste e o oeste de Europa, entre Bruxelas e Londres, e por suposto, entre os que posúen e os desposuídos de cada país.

No momento en que a crise europea estoupou, o cartel de Bruxelas, o Banco Central Europea, todos os poderes de Europa conxuntamente co Fondo Monetario Internacional, mandaron exércitos de burócratas para confiscar a propiedade, as pensións, e todo o que fose público que quedará para as persoas, as máis débiles. Os rescates masivos dos banqueiros foron disfrazados de solidariedade cara aos gregos, os irlandeses, os portugueses … cando de feito era solidariedade coa mafia bancaria, a máis insolvente e corrupta de todo o sector bancario.

Cando Grecia levou a cabo a súa Primavera Grega e a cidadanía votou “Non” á oligarquía transnacional, a súa democracia foi aniquilada. A partir deste intre en 2015 deuse o aviso: Non se pode permitir á democracia cambiar algo que a oligarquía quere manter!

Por que DiEM25?

DiEM25 xurdiu cando a crise e o enfraquecemento de Europa xa non podían ser ignorados: Os banqueiros estaban a unirse internacionalmente para asegurarse máis rescates. Os dirixentes políticos europeos conspiraban para pagar estes rescates impoñendo unha austeridade paneuropea universal. Os racistas, e mesmo persoas abertamente fascistas, estaban a multiplicarse. Para detelos, e impedir que os poderes fácticos dividan e gobernen de maneira irreversible aos pobos de Europa, o 9 de febreiro 2016 fundamos Diem25, o primeiro movemento transnacional da historia de Europa. A nosa idea era obvia: os financeiros, burócratas, e intolerantes estaban a unirse cruzando fronteiras. Chegou o momento para os progresistas de facer o mesmo que eles.

O noso Manifesto de 2016 sinalou un punto de partida radical desde a constatación profundamente obscena do enfrontamento entre as “alemañas” e “grecias” de Europa, entre as “formigas” do norte e os “saltóns” do sur. No canto de esto, explicaba que Europa estábase desintegrando (unha profecía que o Brexit confirmou meses despois) porque a alianza todopoderosa dos “saltóns” da oligarquía (tanto do norte como do sur) baleiraba as perdas das súas apostas erradas sobre os ombreiros debilitados das laboriosas “formigas” (tanto do norte como do sur).

É a razón pola que as nosas oligarquías sen fronteiras estiveron colaborando en harmonía para devolver o orgullo a pobos pacíficos póndolles a mal entre si: os do norte de Europa contra os do sur, os do leste contra os do oeste, todos en contra dos outros estraños. Ata dentro da esquerda, unha repugnante división xurdiu entre os que querían desmantelar o euro, ou a UE, e os que non.

O típico “divide e vencerás” deu a oportunidade á mismísima euro-oligarquía que provocou esta crise de presentarse como salvadora e remedio a estes males.

O poder oligárquico profundouse co recrutamento de tecnoloxías empresariais na nube, intelixencia artificial, tendo por obxectivo a privatización da saúde, da educación, e de todo o que permanecía público, opoñéndose a poñer a tecnoloxía ao servizo da sociedade. Nunca hai que perder unha oportunidade de sacar proveito dunha crise (como por exemplo unha pandemia, ou unha guerra na periferia de Europa), nosa euro-oligarquía atopa moitísimas maneiras de disparar o gasto nas súas tecnoloxías inhumanas favoritas (como a vixilancia e o armamento) mentres simultaneamente impón unha rigorosa austeridade á maioría dos europeos e ao noso medio ambiente.

Ano tras ano, a triunfante oligarquía está a demostrar estar preparada e desexosa de cambiar todo no caso de que esto sexa o necesario para asegurarse de que todo… siga igual!

O noso Manifesto de 2016 aclarou que a xenofobia era o reflexo da guerra de clase desatada pola oligarquía transnacional europea en contra dos residentes desfavorecidos de cada país de Europa. Describía como os ultradereitistas e as marionetas da oligarquía eran as dúas caras da mesma moeda. Revelaba que se necesitaban os uns aos outros, as marionetas dos oligarcas impoñendo a austeridade que sementaba o descontento que alimentaba á ultra dereita, mentres as perspectivas dos ultradereitistas entrando no goberno facían que os cidadáns seguisen votando polas marionetas da oligarquía.

O noso Manifesto de 2016 proporcionaba os cimentos de varias innovacións crave que converteron a DiEM25 nun movemento inédito:

  • Transnacionalismo en acción

Cada política, aínda que sexa específica dunha rexión ou país, se decide por referendo interno paneuropeo, facendo de DiEM25 un movemento transnacional autenticamente único.

  • Desobediencia Construtiva

Comprometémonos a desobedecer cada directiva ou política do status quo eticamente ou politicamente sexa inaceptable, por exemplo a austeridade, a extracción e uso de combustibles fósis, pero tamén comprometémonos en poñer sobre a mesa directivas, políticas, e propostas, que sexan alternativas e construtivas (a saber racionais, moderadas) e que teñan a capacidade, mesmo dentro do marco actual, de mellorar de maneira real a vida da maioría, como por exemplo o extenso Green New Deal para Europa, de DiEM25 que foi desenvolvido grazas ao esforzo colaborativo de innumerables europeos contribuíndo desde varios países.

  • Ira racional

Imos asumir que a euro-oligarquía apoiará as nosas propostas construtivas como o Green New Deal para Europa de DiEM25? Por suposto que non! Así que, por que propoñelas nós? Porque é importante demostrar ao pobo de Europa, especialmente a quen sofren baixo o réxime actual, que existe unha alternativa ao seu sufrimento, unha alternativa que o seu gobernante e líderes electos partidarios de que todo siga como de costume se negan a considerar. Estas alternativas realistas son as únicas que farán que os corazóns e as mentes da maioría se enchan da ira racional esencial para a revolución política que Europa necesita.

  • Transformar, non reformar

O reformismo consiste noutra palabra que describe a conformidade ou os cambios superficiais sen cambio real. A Europa actual non pode ser reformada, pero pode ser transformada
enfrontándose e derrocando á súa oligarquía, antes de construír unha democracia auténtica.

Misión de DiEM25

Moitos Europeos opóñense á idea dunha federación. Rexeitan compartir a súa soberanía. Temen que máis “integración” non responda os seus intereses. Mentres o poder quede en mans dunha diminuta oligarquía transnacional, teñen razón. Hoxe en día, os que piden “máis Europa” case sempre o fixeron co sentido de máis poder centralizado seguindo os intereses da euro-oligarquía.

A misión de DiEM25 consiste en convencerlles de que pechar as fronteiras nacionais hermeticamente non é a solución, porque desta maneira non poderemos impedir a perda do poder que queda.

O deber de DiEM25 é persuadirlles de que a solución debe ser a derrota da euro-oligarquía que devora a súa soberanía, autonomía e liberdade de elixir os seus proxectos e compañeiros.

A responsabilidade de DiEM25 consiste en crear a alianza transnacional en toda Europa, e máis aló, que poida derrocar democraticamente á oligarquía e construír as institucións dunha democracia auténtica, descentralizada, e participativa.

O noso sistema vixente

A VISIÓN DE DiEM25

Vivimos tempos de transición entre o capitalismo de rendas e algo aínda peor, unha forma de feudalismo tecnolóxico: o tecnofeudalismo. Os partidos tradicionais verdes e de esquerda limítanse a manipular o sistema actual.

Moitos partidos anteriormente radicais hoxe en día céntranse en proporcionarse a si mesmos mellores xestores do sistema existente que busquen tranquilizar aos seus donos. Esto non lle importa a DiEM25.

Para democratizar Europa, DiEM25 pretende transformar o réxime oligárquico baixo o cual a xente traballa. Para transformalo, necesitamos catro cousas: o coñecemento do funcionamento do sistema actual, unha visión dun sistema económico alternativo, un proxecto de gobernanza democrática e un plan para impoñer a nosa transición cara a unha sociedade post-capitalista ao resistente euro-oligarquía.

A nosa visión económica

Concibimos un sistema económico descentralizado baseado en empresas de xestión horizontal de tipo cooperativa (fundamentadas no principio dun voto por persoa) fomentando:

(1) o decrecimento nos sectores que danan aos humanos, aos animais, e ao medio ambiente (por exemplo reducindo a contaminación, a agricultura industrializada, a industria publicitaria, a produción de cemento, o número de coches privados, o complexo militar industrial).

(2) A expansión das enerxías renovables, da sanidade pública, da saúde mental, dos coidados sociais, a educación sen límites e a cultura.

(3) Un ingreso básico incondicional e un emprego garantido proporcionado polos bancos centrais democratizados, nun mundo no que o comercio internacional e os fluxos monetarios se xestionan de maneira que os desequilibrios sexan neutralizados (por exemplo o déficit comercial/superávits) e, durante o proceso, financien investimentos realmente verdes e sociais nas partes menos desenvolvidas do planeta.

A nosa visión política

Admitimos que os europeos perderon a confianza nos seus políticos e teñen razón!

Para devolver o poder ao pobo de Europa, concibimos novas capas de democracia deliberativa (por exemplo consellos de deliberación democrática compostos por residentes seleccionados aleatoriamente) entre os votantes e os seus representantes (por exemplo o Parlamento, os gobernos locais ou nacionais). A nivel paneuropeo, DiEM25 está comprometido cunha serie de asembleas constitucionais do pobo, co mesmo principio de consellos de deliberación democrática, que forxasen unha constitución democrática da República Europea.

A nosa visión dixital

Concibimos espazos públicos dixitais nos que as persoas posúen plenamente os seus datos, nos que as plataformas actualmente existentes que operan coma se fosen feudos numéricos sexan socializadas, onde os servizos comerciais sexan adquiridos por prezos módicos (acabando cos servizos ‘de balde’ ou “gratuítos” que actualmente nos converten en mercadoría das grandes empresas tecnolóxicas), e unha Declaración Universal dos Dereitos Humanos que prohiba calquera arma autónoma baseada na intelixencia artificial e protexa a dignidade e os dereitos de todos os seres humanos.

A nosa visión cultural

Recoñecemos que a cultura, baixo todas as súas formas de expresión, arte, música, pensamento, e deporte, pode ser un poderoso instrumento de cambio. Consideramos a cultura como un medio necesariamente participativo e inclusivo de transformación social. meta: o Centro pola Civilización Post-capitalista é a plataforma internacional de artes e cultura de DiEM25, coordinando con MERA25 e a Internacional Progresista. A través da arte, do debate, e da poesía, meta trata de axudar á sociedade para romper cun presente deplorable, para imaxinar o mundo de maneira diferente.

Á vangarda das ideas e das misións de DiEM25, meta involúcrase nos diagnósticos da época que vivimos e desenvolve unha visión para chegar a un futuro post-capitalista polo medio das artes, e converténdose nunha plataforma para obras, campañas, charlas, e conversacións.

O NOSO PLAN PARA O CAMBIO

DiEM25 comprométese a establecer amplas alianzas con movementos que comparten o noso método de desobediencia construtiva co obxectivo de colocar ao pobo ao centro da democracia por todas partes. Debemos facelo en cada barrio, lugar de traballo, cidade, e rexión. Pero para cambiar Europa, tamén temos que cambiar os gobernos que serven os intereses da oligarquía. Onde sexa necesario, DiEM25 establecerá o seu propio partido político (MERA25) para disputar as eleccións craves. Noutros países, debemos contribuír ás alianzas electorais coherentes con este Manifesto. En canto ao programa, DiEM25 confiase na súa axenda política a medio prazo (o Green New Deal para Europa), ademais da súa visión a longo prazo dun sistema democrático, ecolóxico, feminista, pacífico, e afastado de todo afán explotador, sen patróns capitalistas, sometendo aos burócratas do estado e a calquera tendencia pola colonización.

O NOSO CHAMAMENTO

Instamos á xente de Europa e do resto do mundo para unirse a nós para que xuntos deteñamos as arremetidas do autoritarismo, sexan as súas variantes liberais ou populistas.

Convidamos as persoas conscientes a admitir que xuntos podemos derrubar o tigre de papel en que hoxe en día consiste a supostamente invencible euro-oligarquía.

Chamamos ás persoas que comparten a nosa visión que traballen incansablemente ata que unha Democracia Profunda se propague polo sistema corporativo, polo noso sistema monetario e de crédito, os nosos concellos, os nosos parlamentos, os nosos gobernos, e todas as nosas institucións, e teña por culminación unha Unión Europea transformada.

Instamos o público a considerar que, o que empeza como unha simple oposición ao “socialismo para os banqueiros” e á “austeridade para o resto”, producirá un mundo no que as nosas tecnoloxías avanzadas traballen para axudarnos a controlar as nosas vidas, a administrar ás nosas empresas sobre a base dun membro, unha acción, un voto, a establecer Consellos de Democracia Deliberativa que redacten borradores lexislativos para que sexan aprobados polos nosos parlamentos, e ata a avaliar a pertinencia social e ecolóxica das empresas e outras institucións.

Este é o noso chamamento ás masas marxinadas e explotadas que están permanentemente mantidas fóra do poder: Unídevos para a acción! Non temos nada importante que perder. Pero temos un continente que gañar!

O NOSO COMPROMISO

Inspirámonos nunha visión dunha Europa que non sexa explotadora, que promova a razón, a liberdade, a tolerancia e a imaxinación resultando posibles pola solidariedade, unha transparencia extensa, e a democracia auténtica. Esforzámonos por alcanzar:

  1. Unha Europa democrática na que toda autoridade política ten a súa orixe nos pobos soberanos de Europa.
  2. Unha Europa post-capitalista que exerce a democracia no lugar de traballo, e en todos os aspectos da vida, non só na política electoral.
  3. Unha Europa social que valora non só o dereito a non sufrir inxerencias, pero tamén o ingreso básico, os coidados e bienes que volven a persoa libre da necesidade e da explotación.
  4. Unha Europa sostible que vive conformándose cos recursos do planeta, minimizando o seu impacto ambiental a través dunha vida harmoniosa onda todos os seres vivos, conservando e restaurando a biodiversidade, erradicando a contaminación, e deixando a todos os combustibles fósiis baixo terra.
  5. Unha Europa ecolóxica que lidera unha transición verde e xusta polo mundo enteiro.
  6. Unha Europa internacionalista que trata aos non europeos como un obxectivo en si mesmos e traballa en activa solidariedade coas persoas explotadas ao redor do planeta.
  7. Unha Europa unida cuxos pobos mostran a mesma solidariedade cara a outras nacións que entre eles.
  8. Unha Europa pluralista de rexións, orixes étnicas, nacións, filosofías, e culturas, na que un poida ser simultaneamente europeo e patriota.
  9. Unha Europa diversa que celebra a diferenza e acaba con calquera discriminación de clase social, educación, xénero, cor de pel, idade, orixe nacional, filosofía, fe, discapacidade, ou orientación sexual.
  10. Unha Europa descentralizada que usa o poder central para optimizar a democracia nos pobos, as cidades, as rexións, e os estados.
  11. Unha Europa transnacional na que a representación política vai máis aló das fronteiras nacionais.
  12. Unha Europa transparente na que a toma de decisión ten lugar baixo o escrutinio dos cidadáns.
  13. Unha Europa soberana que fai presión sobre as súas tecnoloxías autóctonas para poñelas ao servizo da solidariedade.
  14. Unha Europa honesta que busca un futuro prometedor sen eludir o seu pasado imperialista.
  15. Unha Europa refinada que aproveita o rico mosaico cultural da súa poboación, e fomenta non só a súa invalorable herdanza cultural, senón tamén as obras dos artistas disidentes de Europa, músicos, escritores, e poetas, que contribúen a unha democracia progresista.
  16. Unha Europa creativa e tecnoloxicamente soberana que libera e protexe a capacidade de innovación da imaxinación dos seus cidadáns.
  17. Unha Europa pacífica que reduza a intensidade das tensións nas súas zonas do Leste, do Mediterráneo, e do Exeo, que acabe cos seus proxectos coloniais no Oriente Medio, en África, e no resto do mundo, ademais de servir de bastión contra a tentación do militarismo e do expansionismo por todas partes.
  18. Unha Europa aberta, viva e atractivo para as ideas, a xente, e a inspiración do mundo enteiro, que recoñeza os valos e as fronteiras como sinais de debilidade que levan a diseminar a inseguridade no nome da seguridade.
  19. Unha Europa acolledora que recoñeza que despois de séculos de colonización ou de dominación polos europeos da política do resto do mundo, é agora necesario acoller aos migrantes e aos refuxiados.
  20. Unha Europa liberada na que os privilexios, prexuízos, carencias, e a ameaza da violencia se apaguen, posibilitando que a xente de Europa e do resto do mundo se vexan asignados menos papeis estereotipados ao nacer, para poder desenvolver o seu potencial, e ser libres de ter máis elección nas súas relacións en todos os aspectos da vida, do traballo, e da sociedade.

Únete a Diem25 Galicia!

Contacta:

Correo electrónico: galicia@es.diem25.org
Teléfono (Whatsapp): 682164333

Diem25Galicia #Diem25 #DemocratizarEuropa

Deja un comentario