CONCÉDEME O TEU AVAL!

Screenshot

HOXE NON DECIDIMOS QUEN GAÑA. DECIDIMOS QUEN PODE ESTAR.

As primarias comezan antes de votar. Comezan cando cada persoa decide que proxectos merecen ter a oportunidade de ser escoitados.

OLA nace para defender unha idea simple pero profunda: Vigo é demasiado grande para que a súa política municipal se constrúa sen abrir o debate público á sociedade, os barrios e os colectivos sociais.

Queremos abrir Podemos á cidade, aos barrios, ás asociacións, aos movementos sociais e ás persoas que teñen algo que dicir sobre o futuro de Vigo. Queremos organización, pero tamén participación. Queremos firmeza, pero tamén capacidade para sumar. Queremos un proxecto colectivo no que ninguén teña que pedir permiso para participar.

Por iso damos este paso.

Óscar Lomba Álvarez encabeza OLA, Organización, Loita e Acción, nas primarias municipais de Podemos Vigo.

O aval é o primeiro paso para que esta opción poida estar nas primarias. Non é un voto anticipado nin implica compartir cada unha das nosas propostas. É, simplemente, permitir que exista esta alternativa e que poida ser coñecida, debatida e sometida ao voto.

Hoxe remata o prazo de avais.

Toda a información e o procedemento están no portal de participación de Podemos.

Porque antes de decidir entre opcións, todas as opcións deben poder existir.

Avala aquí: https://participa.podemos.info/personales-otono-26

Avala a: ÓSCAR LOMBA ÁLVAREZ

Deja un comentario